venres, 6 de maio de 2016

PARABÉNS IRENE

A nosa compañeira Irene cumpliu 5 anos o pasado 23 de abril. Hoxe celebrouno con todos nos, cunha deliciosa tarta de chocolate e fresas. Tamén bebemos zume. Moitísimas felicidades!!!!






xoves, 5 de maio de 2016

PARQUE DE BOMBEIROS

Hoxe volvemos a subir no autobús para realizar unha visita moi especial e divertida: O PARQUE DE BOMBEIROS!!!!
A nosa chegada, xa nos estaban esperando os bombeiros para mostrarnos os diferentes espazos do parque: a sala de comunicacións, o ximnasio, a cociña e sala de estar, o rocódromo... Explicáronos que fan en cada un dos diferentes lugares do parque de bombeiros.
Tamén poidemos subir os vehículos, facer soar a serea e acender as luces xiratorias; a maioría subiron, pero algún estaba un pouco asustado e preferiu non facelo.
Sentímonos como verdadeiros bombeiros cos cascos de intervención ¡cómo pesaban! Non todos o quixeron probar, a verdade é que pesaba moitísimo.

Pasámolo xenial!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS OS BOMBEIROS DO PARQUE DA RÚA POR SER TAN AMABLES E ENSINARNOS O SEU LUGAR DE TRABALLO.


domingo, 1 de maio de 2016

MAXIA POTAXIA....

O venres desfrutamos dun espectáculo maravilloso... O mago Víctor veu o noso cole para facernos partícipes da súa maxia. Algúns voluntarios axudaronlle cos seus trucos, foi unha xornada moi divertida e coa que desfrutamos moitísimo!!!



sábado, 30 de abril de 2016

FELICIDADES CHENG ZE!!!

O pasado venres, 22 de abril, Cheng Ze cumpliu 5 anos. Como ese día non o poidemos celebrar, festexámolo o martes na escola. Desfrutamos dun rico biscoito e tomamos zume. Moitísimas felicidades Cheng!!!




FELIZ CUMPLEANOS ALEJANDRO!!!

Comezamos unha semana repleta de emocións!!!! Alejandro cumpliu 5 anos o 23 de abril, e celebrouno con todos nós o luns cunha riquísima tarta de tren. Estaba deliciosa!!!





domingo, 24 de abril de 2016