domingo, 29 de novembro de 2015

MAGOSTO!!!!!

O martes, 10 de novembro, celebramos a tradicional FESTA DO MAGOSTO no cole. Non faltou de nada: distintos xogos populares, deliciosas castañas asadas... e como non, caras pintadas!!! Pasamos unha mañá moi divertida!!!


FELICIDADES ALEJANDRA!!!!

O día 11 de novembro celebramos o cuarto cumpleanos de Alejandra. Convidounos a un rico biscoito, así como a uns deliciosos bombóns... Todo estaba boísimo.







xoves, 5 de novembro de 2015

FESTA!!!!!!

O pasado xoves celebramos no cole a festa de Samaín. Cando chegamos, a clase estaba.... TERRORÍFICA!!!! Había bruxas, arañas, Moli e Nuba disfrazados, chuches... Tal vez non se aprecie nas fotos, pero os nenos quedaron asombrados... E despois dun ratiño na escola... NOVA SORPRESA!!!! Agardábanos unha gran merenda: cabazas, pantasmas... E coma en toda festa, bailamos!!! Foi un gran día.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS NAIS, TANTO POLA FANTÁSTICA DECORACIÓN DA CLASE COMO POLA RICA MERENDA. SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA POSIBLE UN DÍA TAN INOLVIDABLE. E GRAZAS TAMÉN A MIGUEL, FICHÁMOSTE COMO FOTÓGRAFO!!!


martes, 13 de outubro de 2015

QUÉ GRATA SORPRESA!!!

Como sabedes, a nosa amiga Irene tivo unha irmá, Alicia, a que, entre todos, demos a benvida cun libro de debuxos ben fermosos. 

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo; preguntábanse se o seu debuxo lle gustaría a Alicia... e penso que lle encantou, porque hoxe, os papás de Alicia e Irene, recompensaron ese gran esforzo cun doce agasallo... 



Pero non pensedes que tan só foi unha deliciosa piruleta... Unha vez abrimos o paquete.....

SORPRESA!!!! 




UNHA CAIXA DE BOMBÓNS!!!! 









REMATAMOS A CAIXA!!! A estes nenos e nenas encantánlle os bombóns... (e as profes tamén... ). Moitas grazas por estas doces sorpresas. 


venres, 25 de setembro de 2015

PARABÉNS!!!

Hoxe celebramos no cole o cumple de Álex. Cumpliu os 4 anos o pasado 8 de setembro, pero, como aínda non comezaran as clases, non foi ata hoxe cando lle cantamos o cumpleanos feliz. Soprou as velas e convidounos a un (ou varios) anacos de tarta de chocolate, así como zume. Todo estaba boísimo. 
Deixovos algunas fotos da celebración.  






martes, 15 de setembro de 2015

FELICIDADES!!!

Comezamos o curso con triple celebración: o cumpleanos de Valeria, Inma e Fany. Degustamos un rico biscoito, así como zume, que tamén estaba boísimo. FELICES CATRO ANOS!!!










mércores, 17 de xuño de 2015

QUÉ BEN O PASAMOS!!!

Hoxe tivemos un día mooooooi divertido!!!! Pasámolo fenomenal na festa!!! Todos e todas desfrutaron nos brincadeiros, así como coa merenda organizada polo ANPA. Hai moitísimas máis fotos, esta sólo é unha pequena selección para que desfrutedes tamén do día.


martes, 16 de xuño de 2015

FESTA ANPA



Mañá terá lugar a festa de fin de curso do ANPA. Haberá brincadeiros, así que por favor, que todos os nenos e nenas leven calcetíns e calzado con velcro. 

xoves, 11 de xuño de 2015

EDUCACIÓN VIAL

Hoxe, para rematar as xornadas de Educación Vial, tivemos unha sorpresa moi especial: A MOTO DA POLICÍA LOCAL!!!! Encantoulles subir a moto, escoitar a serea.... ainda que algúns estaban un pouquiño asustados...

Moitas grazas a Policía Local!!!!

PARABÉNS!!!!!!!

Hoxe celebramos os cumples de Adrián, Aylem, Ander e Roi!!!!! Cumplen no verán, así que adiantamos a festa a hoxe... Comeron tarta, beberon zume, pero sen dúbida, o que máis lles gustou foron os gusanitos e os fantasmitos... Estaban deliciosos!!!!









martes, 2 de xuño de 2015

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!!!!!!

Qué mellor maneira de comezar o noso blogue que coa nosa primeira excursión!!! O 20 de Maio tivemos a nosa primeira saída en autobús, nada mais e nada menos que ao Teatro Bergidum, en Ponferrada, para ver o concerto teatralizado "Ferdinando, el toro" e "O patito feo". Despois fomos ao Plantio, onde comemos, tomamos un delicioso xeado e xogamos no parque. Qué ben o pasamos!!!


BENVIDOS O BLOGUE DE 3 ANOS A!!!

Hola a todas e todos!!! Mamás, papás, nenos, nenas... Por fin estreamos o noso blogue!!! Ainda que tarde, por fín está aquí!!! Con él amosaremos un pouquiño do que facemos día a día no cole, e tamén vos contaremos tódalas experiencias que vivimos. Comezamos con moitas ganas, entusiasmo e ilusión, e co desexo de compartir experiencias e momentos inolvidables.
Para comezar, nada mellor que un resumo do curso!!!