domingo, 29 de novembro de 2015

MAGOSTO!!!!!

O martes, 10 de novembro, celebramos a tradicional FESTA DO MAGOSTO no cole. Non faltou de nada: distintos xogos populares, deliciosas castañas asadas... e como non, caras pintadas!!! Pasamos unha mañá moi divertida!!!


FELICIDADES ALEJANDRA!!!!

O día 11 de novembro celebramos o cuarto cumpleanos de Alejandra. Convidounos a un rico biscoito, así como a uns deliciosos bombóns... Todo estaba boísimo.







xoves, 5 de novembro de 2015

FESTA!!!!!!

O pasado xoves celebramos no cole a festa de Samaín. Cando chegamos, a clase estaba.... TERRORÍFICA!!!! Había bruxas, arañas, Moli e Nuba disfrazados, chuches... Tal vez non se aprecie nas fotos, pero os nenos quedaron asombrados... E despois dun ratiño na escola... NOVA SORPRESA!!!! Agardábanos unha gran merenda: cabazas, pantasmas... E coma en toda festa, bailamos!!! Foi un gran día.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS NAIS, TANTO POLA FANTÁSTICA DECORACIÓN DA CLASE COMO POLA RICA MERENDA. SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA POSIBLE UN DÍA TAN INOLVIDABLE. E GRAZAS TAMÉN A MIGUEL, FICHÁMOSTE COMO FOTÓGRAFO!!!