venres, 6 de maio de 2016

PARABÉNS IRENE

A nosa compañeira Irene cumpliu 5 anos o pasado 23 de abril. Hoxe celebrouno con todos nos, cunha deliciosa tarta de chocolate e fresas. Tamén bebemos zume. Moitísimas felicidades!!!!






xoves, 5 de maio de 2016

PARQUE DE BOMBEIROS

Hoxe volvemos a subir no autobús para realizar unha visita moi especial e divertida: O PARQUE DE BOMBEIROS!!!!
A nosa chegada, xa nos estaban esperando os bombeiros para mostrarnos os diferentes espazos do parque: a sala de comunicacións, o ximnasio, a cociña e sala de estar, o rocódromo... Explicáronos que fan en cada un dos diferentes lugares do parque de bombeiros.
Tamén poidemos subir os vehículos, facer soar a serea e acender as luces xiratorias; a maioría subiron, pero algún estaba un pouco asustado e preferiu non facelo.
Sentímonos como verdadeiros bombeiros cos cascos de intervención ¡cómo pesaban! Non todos o quixeron probar, a verdade é que pesaba moitísimo.

Pasámolo xenial!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS OS BOMBEIROS DO PARQUE DA RÚA POR SER TAN AMABLES E ENSINARNOS O SEU LUGAR DE TRABALLO.


domingo, 1 de maio de 2016

MAXIA POTAXIA....

O venres desfrutamos dun espectáculo maravilloso... O mago Víctor veu o noso cole para facernos partícipes da súa maxia. Algúns voluntarios axudaronlle cos seus trucos, foi unha xornada moi divertida e coa que desfrutamos moitísimo!!!



sábado, 30 de abril de 2016

FELICIDADES CHENG ZE!!!

O pasado venres, 22 de abril, Cheng Ze cumpliu 5 anos. Como ese día non o poidemos celebrar, festexámolo o martes na escola. Desfrutamos dun rico biscoito e tomamos zume. Moitísimas felicidades Cheng!!!




FELIZ CUMPLEANOS ALEJANDRO!!!

Comezamos unha semana repleta de emocións!!!! Alejandro cumpliu 5 anos o 23 de abril, e celebrouno con todos nós o luns cunha riquísima tarta de tren. Estaba deliciosa!!!





domingo, 24 de abril de 2016

VIVA O ENTROIDO!!!!

BURBUJAS DE PAPEL

O pasado xoves, 21 de abril, os nenos de Educación Infantil volvemos, un ano máis, o Teatro Bergidum, en Ponferrada. Este curso acudimos a ver a obra "Burbujas de papel". Pasámolo xenial, a obra encantounos. Esperamos repetir o vindeiro curso!!!


FELICIDADES IRIA!!!!

En plenas vacacións de Semana Santa, Iria cumpliu anos. Xa de volta, o 30 de marzo, celebramos o seu 5º cumpleanos. Coma sempre, non faltou detalle: delicioso biscoito, vela, o noso gorro dos aniversarios... MOITAS FELICIDADES!!!!!







martes, 2 de febreiro de 2016

VISITA PAPÁ NOEL

O pasado mes de decembro alguén moi especial acudiu a nosa clase: PAPÁ NOEL!!!!!! Chegou acompañado de tres "renos" que trouxeron merenda e agasallos para todos os nenos e nenas. Tamén Papá Noel entregoulles un regaliño a cada rapaz e rapaza ¡non podían estar máis contentos! Algúns tiveron un pouquiño de vergoña o principio, pero de seguido se lle pasou. Foi un día fantástico!!!!!



Moitísimas grazas a Ana, Jessica e Ana, por facernos pasar unha xornada tan agradable. E tamén mil grazas a Miguel, papá de Irene, por estas fermosas fotografías.

luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ

PARABÉNS XABIER!!!!!

Hoxe celebramos o primeiro cumpleanos do ano 2016; Xabier cumpliu 5 anos. Xa necesita toda a man para decir os anos que ten!!! Qué maior!!!!
Celebrámolo cun delicioso biscoito, e levou o seu libro do cumple. Moitísimas felicidades!!!




CARTA PAPÁ NOEL

O 10 de decembro acudimos o buzón de Papá Noel. Todos levaban a súa carta coas súas peticións. 










 Despois de deixar a carta, fomos o Teatro Lauro Olmo para o último ensaio do Festival do Nadal.








25 DE NOVEMBRO, NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro conmemoramos un día que non tiñamos que celebrar nunca: a loita por lograr que a violencia de xénero desapareza e, sobre todo, que ningún neno ou nena xamáis teña que vivila.
Acudimos, xunto cos demáis nenos e nenas do centro, así como dos demáis colexios e institutos do Barco, a lectura dun manifesto na Praza do Concello. Todos levávamos un lazo morado pintado na cara.