martes, 2 de febreiro de 2016

VISITA PAPÁ NOEL

O pasado mes de decembro alguén moi especial acudiu a nosa clase: PAPÁ NOEL!!!!!! Chegou acompañado de tres "renos" que trouxeron merenda e agasallos para todos os nenos e nenas. Tamén Papá Noel entregoulles un regaliño a cada rapaz e rapaza ¡non podían estar máis contentos! Algúns tiveron un pouquiño de vergoña o principio, pero de seguido se lle pasou. Foi un día fantástico!!!!!



Moitísimas grazas a Ana, Jessica e Ana, por facernos pasar unha xornada tan agradable. E tamén mil grazas a Miguel, papá de Irene, por estas fermosas fotografías.

luns, 1 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ

PARABÉNS XABIER!!!!!

Hoxe celebramos o primeiro cumpleanos do ano 2016; Xabier cumpliu 5 anos. Xa necesita toda a man para decir os anos que ten!!! Qué maior!!!!
Celebrámolo cun delicioso biscoito, e levou o seu libro do cumple. Moitísimas felicidades!!!




CARTA PAPÁ NOEL

O 10 de decembro acudimos o buzón de Papá Noel. Todos levaban a súa carta coas súas peticións. 










 Despois de deixar a carta, fomos o Teatro Lauro Olmo para o último ensaio do Festival do Nadal.








25 DE NOVEMBRO, NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro conmemoramos un día que non tiñamos que celebrar nunca: a loita por lograr que a violencia de xénero desapareza e, sobre todo, que ningún neno ou nena xamáis teña que vivila.
Acudimos, xunto cos demáis nenos e nenas do centro, así como dos demáis colexios e institutos do Barco, a lectura dun manifesto na Praza do Concello. Todos levávamos un lazo morado pintado na cara.