martes, 13 de outubro de 2015

QUÉ GRATA SORPRESA!!!

Como sabedes, a nosa amiga Irene tivo unha irmá, Alicia, a que, entre todos, demos a benvida cun libro de debuxos ben fermosos. 

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo; preguntábanse se o seu debuxo lle gustaría a Alicia... e penso que lle encantou, porque hoxe, os papás de Alicia e Irene, recompensaron ese gran esforzo cun doce agasallo... 



Pero non pensedes que tan só foi unha deliciosa piruleta... Unha vez abrimos o paquete.....

SORPRESA!!!! 




UNHA CAIXA DE BOMBÓNS!!!! 









REMATAMOS A CAIXA!!! A estes nenos e nenas encantánlle os bombóns... (e as profes tamén... ). Moitas grazas por estas doces sorpresas.